E ti tan lonxe …!

Ollo,  meu amigo belido, as abeleiras en flor! E ti tan lonxe… ! Tristura, sen amigas para bailar ao pór do sol! Todas botaron a andar polo carreiro da tarde, outras danzas, outras terras, traballar de sol a sol na procura do pan que agora aquí nos é negado. Vexo,  …

Continue reading

Lúa de lombo encurvado

Lúa, de lombo encurvado e arrecendo a herba mollada. Pousas  – allea a ti- sobre o piñeiro seco, -inzado de pinavetas que, unha após a outra, van caíndo riladas polos fríos dentes dos esquíos. Verdes coitelos de Chamaerops axexan desde a distancia. Lúa, Lúa, como es de descarada!!!  

Continue reading