Skip to content

Mes: Xullo 2018

Eclipse

 

 

 

 

 

 

Non, non vou agardar para ver como a Lúa

fica oculta porque máis unha vez a Terra

se interpón no seu camiño.

Non.

Mais estarei atento para ver

como sae desa sombra que sobre ela proxectamos

as terrícolas, tamén eu.

E durmirei abrazado ao teu sorriso

sabendo que fóra é Lúa chea.