Lúa, de lombo encurvado
e arrecendo a herba mollada.
Pousas – allea a ti- sobre o piñeiro seco,
-inzado de pinavetas
que, unha após a outra, van caíndo
riladas polos fríos dentes
dos esquíos.
Verdes coitelos de Chamaerops
axexan desde a distancia.
Lúa, Lúa, como es de descarada!!!