Skip to content

Mes: Xaneiro 2013

Nefertiti

Foi na saída do túnel. Nefertiti

O vidro trae a imaxe do teu rostro,

nariz e labios debuxados co lapis da franqueza.

Traxe azul de mar.

Cabelo negro, escuro capacete que deixa á vista as orellas.

Baixa turbo o río,

e os prados, enlamados, amosan os xeroglifos da enchente

maquiada con terra de Exipto.

-Billete, por favor,

Axiña percibín perante min o rostro estraño de Nefertiti.

Next station Meirama.