Skip to content

Mes: Setembro 2016

Andan as toupas …

Toupeira no Portiño
Andan as toupas a furar no chan,
a construíren camiños para o mar,
a faceren montes de terra sob o orballo da mañá,
cavando, escavando na néboa preguiceira
corredores de luz que non han ver,
carreiros de ar fresco
que liberten de fedor as salas estancadas
da memoria e da conciencia.
Fura, toupa, fura,
até chegar ás illas.

En Loiba hai un banco

loibaEn Loiba, deitado fronte ao mar,
ese camiño,
hai un banco
a esculcar a noite estrelecida
e a imaxinar
os barcos
que regresan nos días bretemosos.
En Loiba hai un banco
onde se pentean as sereas nos días de autofoto.

.