Andan as toupas …

Toupeira no Portiño
Andan as toupas a furar no chan,
a construíren camiños para o mar,
a faceren montes de terra sob o orballo da mañá,
cavando, escavando na néboa preguiceira
corredores de luz que non han ver,
carreiros de ar fresco
que liberten de fedor as salas estancadas
da memoria e da conciencia.
Fura, toupa, fura,
até chegar ás illas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.