A palabra

Nada comezara.DSC_0457

Era o silencio amo único

do Universo aínda por ninguén nomeado, faltaban as palabras.

Desde antes do tempo estás connosco -palabra- sen estares

e nós contigo,

porque todo foi feito por ti

e sen ti nada de todo canto existe tería existencia,

nin sequera ti,

orixe e fin da luz que abriu os nosos ollos

para ordenar o caos,

big bang inicial que xurdiu das nosas gorxas

para espantar o negrume e a ignorancia.

Estás no mundo,

es o mundo.

Entre nós habitas

e sen ti nada somos.

(De Salmos da palabra)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.