Escoitei como nacía unha palabra

DSC_0797Sempre é fermoso asistir a un nacemento. Dunha persoa ou dun fieito. É especialmente fermoso asistir ao nacemento dunha palabra.
Escoitei como nacía a palabra ASEQUIAR.

Como foi? Que significa? Onde foi?
Vóuvolo contar.
Foi na radio. Na radio galega. É día de protestos contra a copa do mundo. Manifestantes rodean Maracaná. O locutor ve o cerco, sente o asedio.

Mais non é un protesto silencioso. Enorme algarabía. Asubíos. Todo un obsequio para a policía.

E sucede o milagre. Asócianse os conceptos na mente do locutor. Asócianse e reméxense.

E nace a palabra, como unha pinga de auga. Da unión de ASEDIAR con OBSEQUIAR.

O galego conta con máis unha palabra: ASEQUIAR. Contextos de uso non están a faltar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.