Facer chacota

chacotaA fraseoloxía galega, como moitos outros elementos da nosa identidade lingüística, e non só, está a sofrer un forte deterioro derivado da presión do español. En días pasados, escoitei unhas declaracións públicas nas que a persoa declarante falaba de algo ou alguén ser “o faimerrir” , acudindo a unha traducción simples do español “hazmerreír”.

Infelizmente, non é un caso illado este uso, digamos que pouco coidado, da nosa lingua. Tanto en comentarios de prensa (“Lamentablemente, a incompencia dos partidos do bipartito, unida a un electorado paspán e faimerrir de todos os españois cada vez que hai eleccións, deu como resultado que o PP retome o que xa era costume, o seu goberno) como en actas de plenos municipais (“Vilagarcía é o faimerrir do Estado e incrementou este goberno local os impostos e taxas sen darlle saída aos necesitados”. “Manifestou tamén, que entende cariñosamente que os membros con dedicación parcial estean molestos coas baixas (él entenderíase humillado, afirmou) xa que foron abochornados pola alcaldesa e son “faimerrir” dentro e fóra do concello someténdose as ordes da presidenta da corporación”

Os dicionarios galegos, desde o Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez González, recollen a voz e, por suposto os portugueses, con este significado de facer mofa, ou gracexo, brincadeira, etc de algo ou alguén.

Pronto deixaron de facer chacota e comezaron a sentir unha mestura de medo e fascinación que os tiña enfeitizados. A todos os insultos, feos coma unha noite sen lúa, a velliña respondía dun sorriso limpo”. “Convida ás persoas que asisten á sala a que fagan unha foto, disfrazados de terroristas, para facer chacota das acusacións recibidas nos últimos meses”.

Sobre usos e exemplos en portugués, podemos consultar o dicionario Priberam.

Facer rir é un exercicio saúdabel, mais nada ten a ver con facer chacota.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.