Neste Día das Letras ofrézovos un novo tipo de pasatempo. É unha variante de autodefinido que en vez de dar unha definición da palabra permite elexer unha palabra de entre as cinco que figuran na casa para completar o cadro. Na primeira casa da esquerda dáse a primeira palabra. Hai quen lle chama pentadefinido e non tardará moito en se incorporar ás páxinas de Nós Diario.
Arquivo da categoría: Encrucillados
Novo destino
Encrucillado
Sete palabras
Este encrucillado ten como característica que unha mesma palabra ocupa a mesma fila e a mesma columna. Quer dicer: 1 horizontal = 1 vertical. Guiándote polas definicións que van a seguir, cubre as casas do encrucillado
- Esquivaba. 2. Honrar, adorar. 3. Que non é quen de durmir. 4. Da teoría ou relacionado con ela. 5. Que ten armilas. 6. Fileira de asentos dun estadio. 7. Botaran area.