Categoría: Opinión
-
Rosalía, mitificar para que non moleste
Hai algún tempo, penso que 1980, o cinema contounos unha historia ambientada no Kalahari e titulada Os deuses debe estar loucos, ou tolos, ou malucos, como queiramos. Todas e todos lembramos. Algo parecido está a pasar con Rosalía e o avión noruegués. Ninguén vai ver a cauda do avión a 10.000, ou os que sexan,…
-
Da Galiza para a África
África é, estes días, o albo da atención mundial. Máis do que foi cando era o caladoiro do escravismo; máis do que é cando se dá conta dos millares de persoas que deixan a vida nas augas do Mediterráneo na procura dunha Europa que as rexeita. África é o centro porque as potencias occidentais consideraron…
-
Gaza: O shopping center da guerra
Leo en Sermos Galiza, que transcribe palabras de Navi Pillay, alta comisionada da ONU de Dereitos Humanos, que os ataques israelitas na faixa de Gaza poderían ser constitutivos de crimes contra a Humanidade. Parece que, textualmente, dixo “Os exemplos que acabo de mencionar (en alusión aos ataques) parece que mostran que a lei humanitaria internacional…
-
O “brainstorming” como método de facer política
O brainstorming ou tempestade de ideas, é unha actividade concibida para explorar a potencialidade creativa dun individuo, ou dun grupo, colocándoa ao servizo de obxectivos previamente determinados. O uso destas técnicas na empresa é algo habitual, desde que fora ideada e posta en marcha, alá polo 1938, por Alex Faickney Osborn, como tamén o é…
-
Construírmos barcos, navegarmos no porvir
Segundo leo nun libro de Alberto Vilanova Rodríguez (Los días históricos de Galicia), tal día como o de onte, 17 de marzo, do ano 1622, ” dáse coñecemento á Xunta Xeral do Reino de Galiza de o ánimo do Rei Filipe IV terse inclinado para dar a Galiza o voto nas cortes”, grazas ás boas…
-
Galiza está mal colocada
Hai algún tempo, o Presidente da Confederación de Empresarios de Galiza, Sr. Fontenla, advertiu de que “para moitas cousas Galiza está estratexicamente mal colocada“. Debo recoñecer que desde que tal cousa ouvín, foron declaracións á Cadea Ser, non deixei de facer a mesma pregunta: para que ou para quen estará mal colocada Galiza? E sobre…
-
Reformas educativas do PP ou como fuxirmos do acomodo e a vagancia.
O ministro de Educación, en comparecencia parlamentar o pasado día 31 de xaneiro, anunciou o que serán as próximas liñas de actuación no sistema educativo, xustificadas porque a educación “é un dos principais piares do proxecto de reformas do Partido Popular” e porque chegou o momento de “centrarnos na mellora da calidade” agora que, dise…
-
A ideoloxía da austeridade
Nestes días está tendo unha grande divulgación, sobre todo a través das redes sociais, un documental titulado A doutrina do choque. O auxe do capitalismo do desastre, baseado nun libro de Naomi Klein. Pode verse subtitulado en lingua galega, norma gráfica portuguesa, contrariamente ao que dá a entender o Facebook e demais redes sociais, cuxas…
-
Que cultura nos agarda?
Coñezo, neste cinco de xaneiro, dúas novas ben diferentes: a morte de Isaac Díaz Pardo e a remodelación do Goberno Galego que leva á máis alta responsabilidade na dirección da política cultural de Galiza a Anxo Lorenzo, até agora Secretario Xeral de Política Lingüística. Sabemos que a política lingüística neste País, baixo a dirección do…
-
Carta ao Valedor do Pobo
Sr V. do P. Santiago de Compostela Estimado Señor, Espero que ao recibo da presente goce de boa saúde, prezado ben do que, polo de agora, eu tamén desfruto. Pois saberá que por aquí se comenta, con fonda preocupación, a súa resolución de 3 de novembro, día de Santo Gaudioso de Tarazona, bispo que chegou…