Categoría: Outros
-
Nacionalistas galegos desorientados
No número 33 do periódico galego A Fouce, editado en Buenos Aires o 15 de maio de 1931, aparece un artigo asinado por Daniel Nogueira, titulado “Nazonalistas galegos desourentados danzan na política hespañola ao son do Pandeiro que se toca en Madrid” A Fouce era o voceiro da Sociedade Nazonalista Pondal, unha das primeiras asociacións…
-
non hai volta non hai retorno
non hai volta non hai retorno non hai camiños de regreso á casa nin mapas en que os debuxar porque nos roubaron os papeis e fixeron unha pira cos lapis de cores con que deseñamos o altar do noso sacrificio verdadeiramente tampouco hai morada á que voltar só lembranzas manchas na distancia dun tempo esfarelado…
-
Nesta floresta posmoderna
Nesta floresta posmoderna que ansiosamente poboamos, afoutos vasalos do plenilunio e dos dogmas da noite, botámonos ao camiño cegados pola luz efémera que abrolla na alba, atravesadas as nosas mans cos cravos opresores do amencer inalcanzábel. Como custa resgardar a orixe, recuperar a chave da harmonía con quen se arrastra sobre a terra, sufocado polo…
-
Só a ausencia nos priva de avanzar
Asperxe hoxe o teu ollar un magoar silente que empece o ánimo e derrama tristura sobre a friaxe da dor aínda fresca; sabes que só a ausencia nos priva de avanzar, tanto é o tempo que levamos morando nas galerías da inquietude, tanto, a nos deixar amedrontar polo asubío do vento, compañeiro desvairado que derruba…
-
Prezada Arabela,
Prezada Arabela, os estalotes están de garda na fervenza das Hortas e o Saíme asolaga os prados de Remesil e de Trasbar, arrastrando a memoria á barranqueira. Lamento inmenso que iso che acontecer, mais xa era presentimento cando -nas tardes de dor e apatía, pasabamos horas a vermos caer a auga até esquecer, lembras? E…
-
É difícil desandar a rota da rotina
É difícil desandar a rota da rotina grampada con aceiro nos pregues da memoria; desaloxar séculos de silencio, a nos ocuparen a voz só polo pracer de nos privaren do clamor da existencia. É custoso andar, día a día, ao lado de quen -por máis que sorría- te aborrece, e apaga as pegadas invisíbeis do…
-
Formiga a gozar golosa a delicia do néctar
Formiga a gozar golosa a delicia do néctar. Ventisca repentina arrebata as pétalas da flor dunha camelia, perfume da auga do regueiro derradeiro suco húmido do planeta. Imprudente tripulante solitaria surfeando en barca de veludo. Aproa, miña amiga, para este porto, ou a maré ficará ausente, e eu náufrago en ti, formiga fóra do carreiro.
-
Gostaría escribir a letra dunha canción
Gostaría escribir a letra dunha canción para ti lle compores a música, (ou a cantares cando as sombras cinxan o silencio en que desmaia a resistencia, cando a calma abrace a soedade sen fin que as chagas da realidade supuran). E se ti non a quixeres cantar, nen debuxar no pentagrama do tempo as notas…
-
… e eu espero
Agardo no portal a que chegue o cerralleiro. “Vinte minutos“, foi o que me dixeron. En fronte, no terreo que se estende aquén do aparcadoiro, unha operaria vai, e volta, detrás dun cortador de relva, ceifando as bágoas deitadas na estación da inocencia. Vertixe de autocarros catarrosos na rotonda; e o ámbar que atrapa o…
-
Magoa tanta indiferenza
Magoa tanta indiferenza, tantos ollares velados coa cor do sobresalto forxado en ferrarías de apatía e conformismo, escuro e silencioso lastre da existencia. Irrita esa inútil frieza enclausurada en súbditas mensaxes que humillan as conciencias, escravas dunha xenerosidade pasaxeira que se esvae no amencer. Estamos aquí só para suportar as pancadas do inculto vento travesío…