Nervos en toda a planta e mais carreiras por entre as bandexas do almorzo que a esta hora están a servir.
Un médico, cos zapatos a medio atar, esvara sobre o carro da enfermeira e gasas, xaropes e pomadas saen polo ar.
Pi … Pi … Pi … Pi … Pi … Pi …
soa unha máquina, sen parar.
Da UCI soben con aparellos como nas series de TV
e nesta triste carreira so, de novo a máquina co seu inconstante
Pi … Pi … Pi … Pi … Pi … Pi … Pi … Pi … que se apaga vagamente.
Máis nervos e maís présas e, finalmente, parece ser que para o 1122-2 pode haber outra oportunidade.
Xa todo máis tranquilo, rodeado de cabos, enchufes, goteiros e outros abalorios a cama baixa para outra planta
onde outras máquinas manterán con vida, iso esperamos, este home de barriga grande e ollos claros.
De Cuarto 1130)