Carvalho Calero. De puño e letra

Esta exposición ten como obxectivo conmemorar o 1º centenario do seu nacemento e faino mostrando ao público actual unha parte da obra de quen foi o principal estudoso da nosa lingua e da nosa literatura e, sen dúbida, unha das figuras máis relevantes da Galiza do século XX. Organízase tomando como referencia palabras e textos do propio Carvalho, escritos de puño e letra.

A exposición está realizada pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e pode visitarse na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña até o próximo día 28 de novembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.