Emocións, sentimentos

Vivimos tempos en que se axitan, deliberadamente, as emocións. O medo, a desconfianza do outro, da outra.

Munch describiu así a sensación que o levou a pintar O Berro:

“Paseaba con dous amigos ao solpor – o ceo volveuse de súpeto vermello sangue – eu parei, exausto, e inclineime sobre o peitoril– había sangue e linguas de lume sobre o azul escuro do fiorde e sobre a cidade – os meus amigos continuaron, mais eu fiquei alí a tremer de ansiedade – e sentín o berro infinito da natureza”.

Pois aquí che deixamos unha maneira de controlar as emocións e os sentimentos. Na sopa tes 30 palabras, as que van á dereita, que poden estar en calquera dirección, e tamén ao revés. Teñen a ver coas emocións, cos sentimentos. Emociónate!! E se non che sae, non te deprimas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.