Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. E vina tan sola na noite sin fin, que inda recei pola probe da tola eu, que non teño quen rece por min! A musa dos pobos que vin pasar eu, comesta dos lobos, comesta se veu... Os ósos son dela que vades gardar. Ai dos que levan na frente unha estrela! Ai dos que levan no bico un cantar!
15 palabras destes versos de Curros a Rosalía están na sopa. Todas teñen tres ou máis letras.