59

Sentamos ao pé do pasadoiro, baixo a nogueira vella.
Pasa a auga e o vento uiva con voz de fera.
Unha ra observa sentada nunha pedra.

De mans dadas, ásperas as miñas, as túas frías,
mais mans molladas de ternura,
falamos sobre cousas comúns, simples,
sen transcendencia,
até apreixarmos cada instante de quietude.

Sentimos rebentos de vida a despuntar na terra
ainda humedecida polo suor dos fentos.

Erguemos os brazos e coa cara ao vento
como Caxade, dixeche (ou fun eu quen o dixo?):
isto é o amor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.