Abrazos

Acharte a tiAbrir os ollos e
Aperceber tanta existencia túrbida e desordenada.
Andar na procura da fonte de todas as augas e
Arrefiar o vento que trae consigo a tarde.
Arrancar a alma dos vocábulos que viven no gume do desespero e
Adeviñar os sinais do vendaval que fere os ollos.
Asentar alí onde caen as estrelas e
Anular a noite na face triste dun poema.
Asobiar na imperfecta imaxe das palabras e
Apupar a suxidade dos versos que depuran o sangue que se espalla.
Abrir os ollos.
Abrazarte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.