Foi Mercedes Queixas Zas quen puxo as palabras
Respiro cinzas.
Chóranme os ollos con tanto fume provocado.
Millares de imaxes do lume arrasador
asaltan corazóns doentes de impotencia.
Somos pobo exiliado. Do lume. De nós.
E tamén do que non é lume.
Pero queima.
E só unha pregunta abesulla na cabeza:
alguén sabe da responsábel política de Medio Rural?
E do Presidente?
Agardamos a resposta.