Sempre é fermoso asistir a un nacemento. Dunha persoa ou dun fieito. É especialmente fermoso asistir ao nacemento dunha palabra.
Escoitei como nacía a palabra ASEQUIAR.
Como foi? Que significa? Onde foi?
Vóuvolo contar.
Foi na radio. Na radio galega. É día de protestos contra a copa do mundo. Manifestantes rodean Maracaná. O locutor ve o cerco, sente o asedio.
Mais non é un protesto silencioso. Enorme algarabía. Asubíos. Todo un obsequio para a policía.
E sucede o milagre. Asócianse os conceptos na mente do locutor. Asócianse e reméxense.
E nace a palabra, como unha pinga de auga. Da unión de ASEDIAR con OBSEQUIAR.
O galego conta con máis unha palabra: ASEQUIAR. Contextos de uso non están a faltar.