Prezada Arabela,
os estalotes están de garda na fervenza das Hortas
e o Saíme asolaga os prados de Remesil e de Trasbar,
arrastrando a memoria á barranqueira.
Lamento inmenso que iso che acontecer,
mais xa era presentimento cando
-nas tardes de dor e apatía,
pasabamos horas a vermos caer a auga
até esquecer, lembras?
E entón, os dedos a destilar licor de dixitalina
que esvaía todos os pálpitos
dos nosos ansiosos corazóns.
Entristece que non che dixer nada,
finxindo, fuxindo, cunha frieza que incomoda.
Nunca pensei que for con Briseida,
tan atenta que viña a nos visitar;
certamente eu sempre imaxinei que gustaba de ti,
que máis ninguén lle interesaba.
Xa ves …
E como o tomou Candea?
(Cartas a Arabela, fragmentos)