É difícil desandar a rota da rotina

É difícil desandar a rota da rotina
grampada con aceiro nos pregues da memoria;
desaloxar séculos de silencio,
a nos ocuparen a voz
só polo pracer de nos privaren
do clamor da existencia.
É custoso andar, día a día, ao lado de quen
-por máis que sorría- te aborrece,
e apaga as pegadas invisíbeis do retorno,
rumor de palabras infecundas
apegadas como liquens ás pedras do camiño.
É difícil,
-mais posíbel-,
reverter a rota da rotina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.