Os dedos
sobre a propia pel.
Viaxantes laboriosos a percorreren,
en sixiloso empeño,
a distancia que separa a miña ollada
do teu desexo.
Sobre a propia pel,
os dedos.
Incansábeis.
Os días pasan por nós os uns após os outros, e en nós fican prendidos tal se formos unha baloira, a baloira dos días.