O primeiro que celebrei foi que podería abrazarte
máis veces, moitas máis,
moitas.
É curioso,
a vida réxese por un antes e un despois de.
Estás.
Xa non estás.
Que tristura se á fin non puder envellecer contigo.
Lamentaría tanto non terte abrazado
máis veces, moitas mais,
moitas.