Soños distantes

Soñamos sen fin soños alleos
habitados coa certeza non rememorada
do vivido enteiramente;
no son dos sinos que baten insistentes
esperando o día, reside o noso desconforto;
nos vidros da xanela, quebrados
polo estrondo da dúbida de non sabermos;
e no tren, esa frecha que nos fere de futuro,
defendido só polos ollares dos amantes.

Existimos nos soños distantes
extintos nas propias realidades.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.