Entremés famoso sobre da pesca no río Miño é o título da primeira obra teatral en galego. ¿Que tema trata?
- A pesca.
- A guerra
- O amor.
- A peste
O mellor representante do hilozoísmo ou animismo na nosa literatura é o poeta
- Bouza Brei
- Amado Carballo
- Rosalía de Castro
- Rubén Darío
Quen foi o Poeta da Raza?
- Castelao
- Miguel Torga
- Ramón Cabanillas
- Pondal
A que escola poética pertence Macías "o namorado"?
- A escola galego-portuguesa
- Escola galego-castelá
- Escola do amor cortés
- Escola galego-cubana
En que ano se publicou Cantares Gallegos de Rosalía de Castro?
- 1925
- 1111
- 1699
- 1863
Cal é o segundo apelido do poeta decimonónico Manuel Leiras?
- Carpinteiro
- Pulpeiro
- Ferreiro
- Loureiro
Que nome recibía o intérprete das cantigas medievais que non era trobador?
- Xograr ou xogral
- Cantautor
- Resentido
- Bardo
Quen escribiu Nós, os inadaptados?
- Amado Carballo
- Brais Pinto
- Vicente Risco
- Vilar Ponte
Cal é o nome da comarca onde naceu Pondal e da que recolle a toponimia na súa poesía?
- Bergantiños
- Chantada
- Grandas de Salime
- A Limia
Cal é o título do libro de poemas onde mellor se define a saudade?
- Queixumes dos pinos
- Aires da miña terra
- Miña terra linda
- Follas novas
Cal é o nome dos protagonistas de Os dous de sempre?
- Manuel e Évora
- Luís e Miguel
- Pedro e Rañolas
- Hadrián e Afonso
Cal é o título da obra de Camoes que inspirou a Pondal Os Eoas?
- Os portuenses
- Os invasores
- As Tartarugas mutantes
- Os Lusíadas
En que novela retrata Otero Pedraio o pensamento da Xeración Nós?
- Así somos Nós
- Arredor de si
- Nós e só Nós
- Os camiños da vida
Cal é o nome do rei que protagoniza Na noite estrelecida, saga de Ramón Cabanillas?
- D. García
- Artur ou Arturo
- Afonso X
- O Rei de Espadas
Que pseudónimo utilizou Lamas Carvajal en O Catecismo do Labrego?
- O Crego verdadeiro
- Salvador Lorenzana
- Marcos da Portela
- Santiago Apóstolo
Quen é o protagonista de O Mariscal, de Ramón Cabanillas?
- Pedro Páramo
- Pedro Madruga
- Pero Pardo de Cela
- Pero Amigo de Sevilla
O Divino Sainete, de Curros, é unha libre parodia de
- "Cantares Gallegos", de Rosalía Castro.
- "A Divina Comedia", de Dante
- "A Metamorfose", de Kafka
- "Bretaña Esmeraldina", de Méndez Ferrín
O subtítulo da obra de Castelao Un ollo de vidro é
- Memorias dun esquelete
- Fantasía enxebre
- Cousas da vida
- Conversa de Estadeas
Quen é o rianxeiro que escribiu a obra teatral A fiestra valdeira?
- Castelao
- Manuel Antonio
- Álvaro Pino
- Rafael Dieste
Os nomes do mozo e da moza que protagonizan A Virxe do Cristal, de Curros, son
- Manuela e Miguel
- Iria e Bieito
- Martiño e Rosa
- Carme e Brais
O Padre Sarmiento viviu no século
- XVI
- XVIII
- XX
- X
Que significa o título de Pondal Os Eoas?
- Os fillos do Sol
- Os mergulladores
- Os heroes dos castros
- Os celtas antergos
Que pontevedrés escribiu no século XIX A gaita gallega?
- Filgueira Valverde
- Manuel Murguía
- Xoán Manuel Pintos
- O Gaiteiro de Soutelo
A primeira novela na nosa lingua, Majina ou a filla espúrea, foi escrita por:
- Marcial Valladares
- O Padre Sobreira
- O Cura de Fruíme
- Manuel Rivas
O autor de A nosa cinza é:
- Camilo José Cela
- Manuel María
- Xelís de Toro
- Xavier Alcalá
Un neto de Afonso X foi rei de Portugal e un dos máis fecundos e mellores trobadores. Trátase de:
- Mendiño
- Pero Meogo
- D. Dinís ou Denís
- O Rei Pescador
Os Séculos Escuros son:
- I, II, III a.C
- XV, XVI, XVII
- XVI, XVII, XVIII
- XVII, XVIII, XIX
O autor de Os escuros soños de Clío é:
- Sigmund Freud
- Antón Reixa
- Martínez Oca
- Carlos Casares
O autor das Cantigas de Santa María é:
- O Rei Afonso X
- San Ero de Armenteira
- Noriega Varela
- Santa Minia
O tema omnipresente en De catro a catro de Manuel Antonio é:
- O mar
- O amor
- O amencer
- A saudade
En que outra faceta destacou Luís Seoane, alén da poesía?
- Locutor da TVG
- Escultor
- Pintor
- Futbolista
Foi un sonado poeta e en prosa tamén escribiu, entre outras, Xente de aquí e acolá:
- Vicente Risco
- Álvaro Cunqueiro
- Alfredo Conde
- Alberto Moravia
Memorias dun neno labrego foi escrita por:
- Otero Pedrayo
- Neira Vilas
- Alexandre Dumas
- Manuel María
En que bisbarra galega se desenvolve Terra Brava de Ánxel Fole?
- Ortigueira
- A Costa da Morte
- O Caurel
- Pena Trevinca
Na narrativa de Blanco Amor Ourense recibe o nome de
- Auria
- Burgais
- Auriense
- Vilega
Cal é a comarca que inspira boa parte da poesía de Uxío Novoneyra?
- A Fonsagrada
- Curtis
- O Caurel
- Pena Trevinca
Quen escribiu Aires da miña terra?
- Blanco Amor
- Celso Emilio Ferreiro
- Méndez Ferrín
- Curros Enríquez
As cantigas de amigo barcarolas tamén se poden denominar
- Navetas
- Mariñas
- Romarías
- Albas
Cal é o título dunha obra de Suso de Toro que nos lembra moito a fotografía?
- Retrato dun adolescente
- Cámaras lonxanas
- En branco e negro
- Polaroid
O movemento poético do S. XX que retoma os temas e formas medievais recibe o nome de:
- Nova Troba Galega
- Rexurdimento
- Medievalismo
- Neotrobadorismo
Alén de Os Biosbardos, tamén escribiu A esmorga:
- Blanco Amor
- Celso Emilio Ferreiro
- Ramón Cabanillass
- Pedro Petouto
En que vila naceu Álvaro Cunqueiro, que desexou mil primaveras máis para a súa lingua?
- Viveiro
- Mondoñedo
- Bueu
- Ponteareas
Foi un grande poeta e entre os seus libros podemos destacar O soño sulagado e Longa noite de pedra:
- Pondal
- Amado Carballo
- Celso Emilio Ferreiro
- Luís Pimentel
Cal é o título da chamada "Biblia do galeguismo" de Castelao?
- Galicia e Nós
- Sempre en Galiza
- Atila en Galiza
- Miña Terra Meiga
As cantigas satíricas medievais podian ser de escarnio ou de
- Gargallada
- Tristura
- Maldicir
- Amor
Xa vai o Griffón no vento é unha novela moi premiada, escrita por:
- Günter Grass
- Alfredo Conde
- Xavier Alcalá
- Carballo Calero
Quen escribiu "Campanas de Bastabales"?
- Rosalía Castro
- María Mariño
- Xohana Torres
- Luz Pozo
Título dunha importante revista publicada a partir de 1920 e dirixida por Vicente Risco
- Nós
- Vós
- Eles
- Elas
En 1916 Villar Ponte foi un dos fundadores de
- Xeración Nós
- O Banquete de Conxo
- Seminario de Estudos Galegos
- Irmandades da Fala
En que situación escribiu Manuel Antonio o seu poemario De catro a catro?
- Nun voo Santiago-Montevideo
- A bordo dun barco
- Nunha tenda de campaña
- Servindo de soldado en Marrocos
Cal era o oficio da protagonista das pastorelas medievais?
- Pastora
- Trobadora
- Soldadeira
- Cesteira
Con cal dos movementos literarios ten que ver o poeta Bouza Brey?
- Imaxinismo
- Surrealismo
- Neotrobadorismo
- Dórico
A illa da ría de Vigo cantada por Mendiño é
- Sisargas
- Sálvora
- Ons
- San Simón
Este coñecido poeta granadino escribiu seis poemas en galego
- José Luís Perales
- León Felipe
- García Lorca
- Luís Rosales
Cal é a cidade satirizada en O porco de pé, de Vicente Risco?
- A Coruña
- Lugo
- Ourense
- Pontevedra
En que país se desenvolven os relatos "O segredo" e "O inglés", incluídos en Retrincos de Castelao?
- Escocia
- Arxentina
- Uruguai
- Galicia
A quen lle chama Curros nun seu poema "a pobre da tola"?
- Rosalía Castro
- Pardo Bazán
- A Raíña Lupa
- A campá de Bastabales
No poema que se adoptou como himno galego, cando fala de "os rumorosos", Pondal refírese a:
- Os murmuradores
- Os piñeiros
- Os conquistadores
- Os casteláns
O autor do poema "Penélope" (1961) é:
- Ulises
- Méndez Ferrín
- Claudio Rodríguez Fer
- Díaz Castro
O poeta medieval que mellor cantou a Vigo foi:
- Mendiño
- Martín Códax
- Xoán Zorro
- Pero Amigo de Vigo