Skip to content

Etiqueta: Guardiola

Guardiola: fala catalán en Zurique e aparece en portugués na prensa de Galiza.

Un nunca debe perder a capacidade de se sorprender e aprender das contradicións que o rodean. E as sorpresas son, ás veces, tan grandes que escapan á nosa capacidade de comprensión.

Vexan o caso: Na entrega dos premios “pelota de ouro” o adestrador do Barça anunciou o premio ao mellor xogador de 2010. Falou en catalán, en español e en inglés.

Mourinho falou en portugués.

Os xornais galegos non se caracterizan por seren edicións plurilingües e máis ben son monolingües en español. Non deixa de resultar curioso, pois non quero analizalo máis que comounha curiosidade, ver, nun xornal como El Ideal Gallego,  no medio de noticias en español, incluídas todas as demais de deportes,  e mesmo a referida a Mourinho que recebe o premio a mellor adestrador, unha noticia en portugués. É a referida a Guardiola.

Será este o plan de Feijoo para a introdución do portugués no sistema educativo da Galiza?

Tempo andando, cousas vendo