Arquivos anuais: 2022

O valo de Manselle

Anxo Angueira tardou tempo en construír o poemario; os viciños tardaron máis en construír o valo. Agora, desde a cuarta feira día 6 de xullo, cada semana, xa podes axudar a xente de Manselle a (re)construír o valo coas pedras arrancadas dos penedos. As pedras, delimitadas pola liña grosa, están numeradas. Colócaas tendo en conta que os números non se repiten nen na liña horizontal nen na columna vertical e que en cada pedra ten que haber un díxito par e outro impar.

E aí vai a resposta.

123654 / 236145 / 365412 / 614523 / 452361 / 541236

Libérate

Atribúese a Cicerón a frase “Non considero libre quen non teña algún momento para o ocio

Pois libérate con esta sinxela sopa de letras. Nela aparecen 17 adxectivos derivados de antropónimos, isto é, de nomes ou apelidos de persoas ou personaxes literarias, que por algo é 23 de abril. As palabras poden estar en calquera dirección. Comparte ocio

Fóra de si

A partir da próxima cuarta feira día 6 Nós Diario ofrece un novo pasatempo. O Fóra de Si, unha variante do Sudoku normal na que as cifras de 1 a 9 van fóra da grella. Para o resolver debemos ter en conta que as cifras que van fóra deben aparecer nas tres primeiras celas de cada rexión do xogo na dirección correspondente.

Aquí vos deixo un modelo:

E aquí a solución

Novo destino

Nesta cruzada están agochados DEZ destinos para unha posíbel viaxe. Están lonxe e comparten todos unha parte do nome. Todos comezan por NOVA …

Agachamento

Nestes días fíxose pública a proposta oficial para designar un exercicio de afortalamento muscular: a *sentadela. Non sabemos que beneficios pode ter para a saúde esta proposta mais para a lingua non son bons, a non ser que nos alimentemos con *bocadelos e *tortela. Cousa diferente é facer AGACHAMENTOS.
O agachamento é un exercicio sinxelo que non require moita preparación para realizar, só tes que manter as pernas separadas, estirar os brazos diante do teu corpo e agacharte até que as coxas queden paralelas ao chan.

Aínda que adoita considerarse só un exercicio de fortalecemento das pernas, o agachamento traballa outros músculos ademais da perna e, así, promove o fortalecemento dos músculos abdominais e das costas, por exemplo.

Coa sopa de letras que vai a seguir non che aseguramos a forma física mais a lingüística tela asegurada. Hai 25 palabras de 11 sílabas que rematan en -mento, como AGACHAMENTO.

O cadrado de Durero

En 1514 Albrecht Dürer remata a súa obra Melancolía I, considerada a imaxe máis misteriosa das por el deseñadas. No gravado son moitos os elementos relacionados coa xeometría, a aritmética ou a medida do tempo. Destaca un cadrado máxico de orde 4, un dos primeiros nas artes europeas.

Nos cadrados máxicos a suma dos números das filas, columnas e diagonais é constante, e ningún destes números se repite.

Na obra Melancolía I, de Durero, vemos, na esquina superior dereita do gravado, xunto á campá, o chamado Cadrado de Durero. Vexamos o que representan os seus números:

  • A suma dos números de calquera das liñas é sempre 34.
  • A suma dos números de calquera das dúas diagonais do cadro tamén é 34.
  • A suma dos 4 números das esquinas do cadrado é 34.
  • A suma dos 4 números que están nos 4 cadrados centrais é 34.
  • A suma dos dous números do medio da fila superior e dos dous números do medio da fila inferior é 34.
  • A suma dos dous números do medio da columna dereita e dos dous números do medio da columna da esquerda é 34.
  • A suma dos números dos dous cadrados situados ao lado do cadrado superior esquerdo e dos dos dous cadrados inferiores á dereita é 34.
  • A suma dos números dos dous cadrados contiguos ao cadrado superior dereito cos dos dous cadrados do cadrado inferior esquerdo é 34.

Con menos perfección, ou mellor, con outra perfección, con outras perfeccións, Nós Diario ofrece, cada sexta feira, un cadrado de constante máxica 34. As combinacuións posíbeis son 880, e témolas todas feitas. Van publicadas pouco máis de 100. Restan máis de 700 por publicar o que supón perto de 15 anos. Longa vida a Nós Diario e que todas o vexamos

(Texto actualizado a 31 de marzo de 2024)

Cadrado de Durero publicado en Nós Diario o 29 de marzo de 2024