Alta

É posíbel, nada hai certo neste mundo, que hoxe o médico decida, se a miña evolución así o confirma, darme a alta e poder por fin, xa era hora, voltar á casa e sentarme contigo na cociña, de mañá cedo, á hora de almorzar.

Atrás quedan trinta días de hospital e por diante resta, para acabar de curar, lograrmos conxugar ese tempo xa consumido que Carvalho Calero con poética precisión denominou pretérito imperfecto,  con estoutro tempo futuro, cada vez máis condicional que nin sequera o oráculo de Delfos é capaz de precisar.

30 de novembro, Centenario do nacemento de Carvalho Calero

(De Cuarto 1130)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *