Un ai! sostido, nota infinita, enche o cuarto dezaoito, andar once.
É Alberte, un home forte, que até agora nunca deste xeito exteriorizara a dor.
Mans deformes, mordidas por centenares de golpes nas Canarias, ou en Benidorm.
Mesmo traballou na construción, como albanel, deste cuarto en que agora permanece.
Lémbrao ben.
Outro ai!, outra queixa, a mesma dor.
– “Son espasmos vesicais, di unha médica nova. Un lavado e un gramo de paracetamol”
Na cama do lado, un pouco alleo, un compañeiro, de nome Amador, adormiña.
Tamén el ten a súa dor, roendo, roendo nos adentros.
Para esa non hai medicación.
De Cuarto 1130)