Información

Desde a cama vexo o despacho dos médicos, e cando a porta está aberta, as mesas, expedientes, computadores e mesmo un cadro en que están anotados, supoño, casos clínicos problemáticos, ao modo como as series de TV mostran o traballo hospitalario.

Neste espazo é onde informan, tres veces por semana, os familiares da evolución dos doentes.

Todo bastante rápido.

Con faces satisfeitas unhas veces e algo máis amargas noutros casos.

Mais hoxe o proceso demora un tanto e percíbese no ar unha sensación algo estraña, nervos contidos, paseos vagos.

E, por fin, ao cabo dun tempo, un home novo e de corpo ben formado sae do cuarto, ollos brillantes e preso dun salouco que axiña deriva en forte pranto. Dentro do despacho fica o fatal diagnóstico:

– “Tentámolo todo, mais nada hai que facer. Xa os ganglios están infectados, nun proceso moi avanzado”

(De Cuarto 1130)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.