A barbeira

Bon día, son a barbeira e veño para o rasurar.

Mochila ao lombo onde leva o instrumental, pelo moi curto, ollos azuis, vestida de chándal que, na súa frouxidade, apenas consegue disimular a acumulación de carnes en partes que noutrora, anos atrás, máis tersas, sen dúbida, se mostraron e, quen sabe, que desexos provocaron en homes ou mulleres que no camiño do tempo se cruzaron.

Estire un pouco o corpo e déixese estar, eu só veño deixar o campo cirúrxico libre de pilosidades, non reparo en nada máis. Se fago dano, avise, que estes pelos púbicos son malos de cortar.

Un momento, xa está.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.