É a hora en que o médico pasa por cada cuarto a consulta diaria.
Os doentes, expectantes por sabermos, adoptamos un silencio sospeitoso, como se o oráculo for falar.
– Ola, como está? Son o Doutor ……
E mentres pensas se dicir ben ou mal, dóeme aquí ou acolá, xa a enfermeira está a informar da temperatura e dos mililitros de líquidos que o corpo durante a noite expulsou e a auxiliar debidamente mediu.
Todo dentro da normalidade.
Pediremos unha nova analítica para comprobar como vai a función renal. Unha ecografía, ou tal vez un TAC …
Unha derradeira ollada, un apuntamento e
– Bos días, até mañá . E o proceso, con outro médico e o mesmo protocolo, recomezará.
(De Cuarto 1130)