Parada cardíaca

Parada cardíaca na 1122. Carreiras e présas no corredor.

Nervos en toda a planta e mais carreiras por entre as bandexas do almorzo que a esta hora están a servir.

Un médico, cos zapatos a medio atar, esvara sobre o carro da enfermeira e gasas, xaropes e pomadas saen polo ar.

Pi … Pi … Pi … Pi … Pi … Pi …

soa unha máquina, sen parar.

Da UCI soben con aparellos como nas series de TV

e nesta triste carreira so, de novo a máquina co seu inconstante

Pi … Pi … Pi … Pi … Pi … Pi … Pi … Pi … que se apaga vagamente.

Máis nervos e maís présas e, finalmente, parece ser que para o 1122-2 pode haber outra oportunidade.

Xa todo máis tranquilo, rodeado de cabos, enchufes, goteiros e outros abalorios a cama baixa para outra planta

onde outras máquinas manterán con vida, iso esperamos, este home de barriga grande e ollos claros.

De Cuarto 1130)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.