Só no cuarto vinte e nove, como sempre desde hai días, de pouco a pouco, estala forte a voz dun home.
Chama por Lola e por Pepe e por Manuel. Tamén por Adela, a enfermeira, que esta noite libra do turno.
Axiña cansará e calará.
Mais xa todos ficamos espertos na procura do amencer e pensando na volta á casa, esa ausencia que tanto se atrasa.
De Cuarto 1130)