Nacionalidade

A nacionalidade é unha condición xurídica e política propia dun cidadán ou dunha cidadá adquirida por nacemento ou por naturalización. Para coñecermos a nacionalidade de alguén, polo tanto, precisamos ter acceso a datos do rexistro civil, datos policiais etc. Dito doutro modo, a nacionalidade non se mostra externamente, non se leva na face escrita. Por iso chocan as palabras do comentarista da TVG cando informa sobre atracadores afirmando que “os ladróns que segundo parece eran de  nacionalidade española”
Cal será a marca externa que identifica a nacionalidade española?

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.