Sanidade Pública.

Son as 12. A esta hora debe estar para comezar en Santiago a Manifestación en defensa da Sanidade Pública. Eu non podo asistir. Precisamente estou ingresado nun centro público, no CHUAC, na planta 11, hai xa 21 días. Desde a xanela vense caer, sobre a ría, centos de litros de auga. Sen dúbida repercutirá no desenvolvemento da manifestación. Se estiver fóra estaría en Santiago. Aquí dentro todo é calma pois é hora de visita médica. Mais toda a xente sente que o sistema de saúde público é algo grande, algo que non podemos perder nin consentir que se deteriore para beneficio do privado. Cada quen expresa esta preocupación como sabe, desde posicións máis ideolóxicas que defenden con rigor a prevalencia do sistema público a outras en que predomina a compoñente máis persoal e a comprobación das prestacións do sistema público en cada caso particular, moitas veces contrastando con experiencias máis negativas na privada.

Así que, desde dentro do CHUAC, os que aquí estamos estamos tamén en Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.