O Día da Ciencia en Galego, que terá lugar o día 4 de novembro de 2010, é unha xornada dirixida ao mundo do ensino e a toda a sociedade co obxectivo de expresarmos que o galego é unha lingua axeitada para a transmisión do coñecemento científico e tecnolóxico e para divulgar experiencias escolares pensadas e desenvolvidas en galego.
Nesta xornada o profesorado, xunto co alumnado, poden participar organizando libremente unha actividade de divulgación adaptada a cada realidade e aos diferentes niveis educativos. Trátase de transmitir ao alumnado e ao seu contorno os obxectivos da xornada cunha clase divulgativa.
No contexto actual, de ataque e desprestixio para o noso idioma, faise imprescindible sumarse a esta iniciativa. Na nosa lingua súmase a esta iniciativa.