Skip to content

Correlingua

Hoxe comeza o Correlingua 2009 cunha previsión de participación de 45.000 persoas. Nun formato máis reivindicativo do que deposrtivo,  esta carreira que non é carreira, percorrerá diversas localidades até finalizará o día 15. Son 10 días en que rapaces e rapazas de todas as idades saen á rúa para reclamar o dereito a vivir en galego, ese dereito que agora con enerxía renovada se nos intenta negar. Por iso o Correlingua deste ano adquire unha especial importancia pois confirmará que esa xuventude que é o futuro do noso idioma non é tan apática como se di e que cando as cousas lle importan as manifesta publicamente. Haberá voces que manifesten que os rapaces asisten a calquera cousa con tal de non ter aulas, mais estas persoas seguramente están antepoñendo o seu propio comportamento, a súa propia falta de compromiso e trasladándoo a uns rapaces e rapazas que, non esquezamos, asisten voluntariamente e con autorización materna ou paterna no caso de seren menores de idade.

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=4ih6-F9EdKU&hl=es&fs=1]

Na Coruña prodúcese a maior asistencia. Por iso, perante esa Torre que xa estaba aí cando naceu o noso idioma, e que como el tivo momentos de decadencia, desde o alto envía a súa mensaxe a todos os faros da Galiza:  En Galego. Pásao.

Published inOpinión

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.