Na entrega dos premios Mestre Mateo 2008, o pasado día 30 en Pontevedra, Belén Regueira presentou un dos poucos discursos reivindicativos que soaron no Pazo da Cultura, lonxe dos habituais agradecementos a papá e mamá, que tamén os fixo, como elos imprescindíbeis na transmisión da lingua. O Conselleiro de Cultura, presente no acto, non deu mostras de sentirse cómodo. Noraboa para xornalista que resultou a mellor comunicadora do 2008.
[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=NYH_Pltivpo&hl=es&fs=1]