A nosa voz revoa

As imaxes da interpretación do himno galego no Obradoiro durante a toma de posesión de Núñez Feijoo como Presidente da Xunta son reveladoras da falta de consideración que os dirixentes do Partido Popular,  e tamén do PSOE,  senten polos símbolos da Galiza. Cara de asombro, de sorriso histérico de Mariano Rajoy ; cara de pasmo do Alcalde de Santiago que nen fai ademán de abrir a boca para finxir que canta, tal é a súa sinceridade; Esperanza Aguirre movendo a cabeza nagativamente; no escenario unha Lucía Pérez entornando os ollos de gozo cando interroga Que din os rumorosos?

Máis alá Don Manuel chorando cando a intérprete di que os tempos son chegados. Reparen na figura de Albor, de Corina Porro e no momento final: a libre versión da letra substituindo o orixinal “a nosa voz pregoa a rendezón da boa nazón de Breogán por un  a nosa voz revoa na redenzón da boa nazón de Breogán. Aplausos finais para a artista que sen dúbida pensaba no símbolo do Partido Popular a voar por todo o País. Os asistentes por fin liberados da tensión de teren que aparentar crer no que o himno representa. A liberación final de Carlos Negreira e de Alfonso Rueda, rindo satisfeitos é significativa.

Aquí lles deixo para que vexan e xulguen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.