A expresión cadrado de Sator designa unha estrutura en forma de cadrado máxico composta por cinco palabras latinas: SATOR, AREPO, TENET, OPERA, ROTAS, que, en conxunto (de esquerda a dereita ou de arriba abaixo), dan lugar a un palíndromo. Por extensión, un palíndromo é calquera serie de elementos con simetría lineal, é dicir, que presenta a mesma secuencia de unidades en ambas direccións.
O cadrado de sator é visible nun gran número de achados arqueolóxicos en diferentes partes de Europa.
A seguir tes un cadrado de Sator para resolveres. Este encrucillado ten como característica que unha mesma palabra ocupa a mesma fila e a mesma columna. Quer dicer: 1 horizontal = 1 vertical. Mais a estrutura pode non ser sempre palindrómica. A modo de pista indicamos as letras que corresponden a cada palabra. Atopa a palabra e colócaa no cadro: OZRAR, IARDO, ÑIRRI, RADIO. Non abuses do botón “mostrar”
Nota: algunha palabra é dialectal