O cadrado de Durero

En 1514 Albrecht Dürer remata a súa obra Melancolía I, considerada a imaxe máis misteriosa das por el deseñadas. No gravado son moitos os elementos relacionados coa xeometría, a aritmética ou a medida do tempo. Destaca un cadrado máxico de orde 4, un dos primeiros nas artes europeas.

Nos cadrados máxicos a suma dos números das filas, columnas e diagonais é constante, e ningún destes números se repite.

Na obra Melancolía I, de Durero, vemos, na esquina superior dereita do gravado, xunto á campá, o chamado Cadrado de Durero. Vexamos o que representan os seus números:

  • A suma dos números de calquera das liñas é sempre 34.
  • A suma dos números de calquera das dúas diagonais do cadro tamén é 34.
  • A suma dos 4 números das esquinas do cadrado é 34.
  • A suma dos 4 números que están nos 4 cadrados centrais é 34.
  • A suma dos dous números do medio da fila superior e dos dous números do medio da fila inferior é 34.
  • A suma dos dous números do medio da columna dereita e dos dous números do medio da columna da esquerda é 34.
  • A suma dos números dos dous cadrados situados ao lado do cadrado superior esquerdo e dos dos dous cadrados inferiores á dereita é 34.
  • A suma dos números dos dous cadrados contiguos ao cadrado superior dereito cos dos dous cadrados do cadrado inferior esquerdo é 34.

Con menos perfección, ou mellor, con outra perfección, con outras perfeccións, Nós Diario ofrece, cada sexta feira, un cadrado de constante máxica 34. As combinacuións posíbeis son 880, e témolas todas feitas. Van publicadas pouco máis de 100. Restan máis de 700 por publicar o que supón perto de 15 anos. Longa vida a Nós Diario e que todas o vexamos

(Texto actualizado a 31 de marzo de 2024)

Cadrado de Durero publicado en Nós Diario o 29 de marzo de 2024

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.