Do mar pola orela


Do mar pola orela 
mireina pasar, 
na frente unha estrela, 
no bico un cantar.
E vina tan sola 
na noite sin fin,
que inda recei pola probe da tola 
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos, 
comesta se veu...
Os ósos son dela 
que vades gardar.
Ai dos que levan na frente unha estrela! 
Ai dos que levan no bico un cantar!

15 palabras destes versos de Curros a Rosalía están na sopa. Todas teñen tres ou máis letras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.