Na eira do trigo

Ano de 1973, ou 74.
Acabou a malla.
Está feito o palleiro.
Toca mudar para outra eira.
Dous tipos de apeiros, de pau uns, os outros de ferro.
Especialización.
Algo máis de 100 anos antes Curros escrebera aquilo de “unha noite no xardín sentada”.
E enfadouse todo todo porque lle mudaron o verso para “unha noite na eira do trigo”.
Se Curros tivese ido algunha vez a unha malla non se tería cabreado.
Ben aí vos deixo o equipo que facía os palleiros, en pose algo futboleira.
Eu tamén ando aí pola foto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.