O ar encurrala o alento

O ar encurrala o alento.
Derrámase a mañá en horas eslavazadas.

Pesquiso, de maneira aleatoria, no fardo de palabras
que me escoltan, na alxibeira da memoria,
unha, e non máis, para consumir neste intervalo,
entre cena e cena, de inxustiza e postverdade.

Unha vibración áspera, cavernosa, case sobrenatural.
Un feitizo sonoro de miar de gatos
a furaren o silencio enfurecido.
Con cada procura brota o mesmo amuleto.
Sempre en cigueceante tropel, en disimétrico fascinio.

Desabrocha a aurora.
O espazo apreixa o tempo.
Invariabel fetichismo para esbanxar a ausencia.

(De A palabra do día)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.