A voz da serpe

DSC_0528
Cruceiro de Carril

É difícil determinar a razón de tanta hostilidade.
Contra a serpe, digo.

É ela quen, con máis cautela, sabe gardar os segredos.
Ela é quen, con máis astucia, pode desvendar
os sucos ocultos alén da nosa pel despida.

Sei que nunca debería pór letra a quimeras feitas sobre a cobra.
Nen sequer agora que escoito con claridade o teu silvo
mentres insinúas partillar este clamor de protesto.
Este e todos os que están por chegar.

Non me enganas.
Sei que son, só, asubío da punxente realidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Proudly powered by WordPress | Theme: Lean Blog by Crimson Themes.