Morrer ou probar o soro experimental
que ofrece a multinacional radicada nos EUA.
Esa é a cuestión para as persoas
infectadas co vírus do Ébola na Liberia,
ou noutra parte.
É moito o risco asociado a unha droga experimental,
clinicamente aínda non testada en humanos,
mais a alternativa é deixar que as persoas morran,
é a morte certa,
ou probar o soro Zmapp,
e se cadra morrer tamén.
Nin sequera é unha situación de espada e de parede.
É só espada.
Ou só parede.
Non hai outra.