Dereitos reservados

1024px-Vargas_Losa_Göteborg_Book_Fair_2011bEn El País, 10 de agosto, escribe Mario Margas Llosa un artigo sobre os bombardeos israelís sobre a Faixa de Gaza. Un artigo no que o autor interpreta, analisa, comenta e marca doutrina sobre a acontecido e o por acontecer nestes territorios, e nos lindeiros.
Terá ou non terá razón, mais unha cousa fica clara do seu texto: fican reservados, a favor de El País, todos os dereitos mundiais de prensa en todas as linguas e, por suposto o © a favor de Mario Vargas Llosa, 2014.

Fai ben Vargas Llosa en pensar que o que el escribe é digno de protección; que é orixinal e importante, importantísimo, para o futuro da humanidade; e tamén El País, que se algo se pode gañar en diñeiro con estes artigos ben vido será.

Mais eu, que nunca escribirei nada que interese a ninguén, son máis da opinión de Rosalía:
“Ben sei que non hai nada
Novo en baixo do ceo,
Que antes outros pensaron
As cousas que ora eu penso.

E como xa antes outros, e outras, pensaron, escribiron e viron, as cousas que agora nos preocupan, pois nada, que estes intelectuais sigan a pensar que o mundo non anda sen eles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.