O armacén do horror

gazaO armacén do horror,
iso é Gaza a cada instante, a calquera hora, a todas as horas,
mesmo na hora da tregua para recoller os mortos
e as mortas.
Todo o que se mexe é un albo susceptíbel de disparo,
aberta a veda para esta cacería que dura xa varias décadas.
Desproporcionalidade, din aquí.
Punición colectiva afirman máis alá.
Desrespeito a leis internacionais, manifestan noutra parte.
Mais só é inferno eterno para quen  sofre
os proxectís que exploden en casas sustentadas
por paredes feitas co medo que procede do deserto,
e cheas de persoas.
A vida que se torna inviábel, interminábel.
Terra arrasada.
Mulleres e crianzas e homes que axiña se verán mortos.
Casas derruídas para gozo de coleccionistas de fotos.
Eterno retrato do momento para a nosa vergoña infinita

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.